En dúas semanas, o xoves 12 de novembro, arranca a VIII edición do concurso de tapas compostelás Santiago(e)Tapas, que se celebrará na cidade ata o 29 do mesmo mes. E por primeira vez farao organizado conxuntamente pola Asociación Hostelería Compostela e a concellería de Turismo, co obxectivo de seguir posicionándonos como un destino de calidade para os viaxeiros.
O público poderá votar pola súa tapa favorita nos posa-vasos especiais do concurso que serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do concurso presentes en todos os restaurantes e bares participantes.
A idea dos organizadores é consolidar o Santiago(e)Tapas nun mes fixo, xa que ata o momento ten variado nas súas datas de celebración. Seleccionouse novembro para, nun mes de temporada turística baixa, fomentar unha oferta atractiva que conxugue gastronomía e cine, unindo as posibilidades deste concurso e Cineuropa, evento cultural xa consolidado e de referencia.
30.ooo tapas por ano
Santiago(é)tapas xa ten superado as 200.000 tapas vendidas nas sete edicións que se teñen celebrado ata o momento, cunha media dunhas 30.000 tapas consumidas por ano. Estas cifras amosan as posibilidades do concurso, non só como ferramenta de promoción, senón tamén como evento dinamizador do consumo para os establecementos. E nós, como boas comedoras, encántanos a proposta!
The post Listos para probar as mellores tapas compostelás no VIII Santiago(e)Tapas! appeared first on Pincha(e)Discos.